Despedida
- INV:
- 9140
- Año de creación:
- 1980
- Dimensiones:
- 39 x 0 x 0
- Técnica:
- Bronce e granito
Comentarios
O adeus é o tema desta obra que ten a muller como protagonista. A figura feminina, que axita desesperadamente o seu pano mentres as súas roupaxes son ondeadas polo vento, transfórmase nunha imaxe triunfante e vaporosa. O xesto, os cabelos, as teas acentúan a sensación de liberdade e confírenlle gran plasticidade á obra convertendo á moza nun mascarón de proa.A figura, plana na súa parte posterior, presenta parte do seu corpo descuberto e podemos ve-las súas pernas e o seu brazo en alto, cunha chamativa tersura. Isto xera un contraste de texturas ó combinar zonas lisas do corpo cos panos traballados formando pregues amplos e dúctiles, dando sensación de movemento, o que recorda ás esculturas helenísticas.
O xogo de luces e sombras conséguese pola presencia do oco xerado entre o pelo e o corpo. O resultado final é unha obra dinámica e chea de vitalidade, captada nun momento que aínda 'está sendo'.