Comentarios
Apréciase unha panorámica dunha zona de Pontevedra que xa non existe. Os tellados das casas ocupan a parte inferior da composición que se completa cun ceo anubado. Múltiples antenas de T.V. érguense cara ó ceo, ordenadas cun xogo rítmico que lle impoñen os mastros. Parte dun debuxo realista, pero a pintura trascende a realidade expresando, cunha carga lírica, a súa propia filosofía, en harmonía con grises, azuis, ocres e tellas.
Exposiciones
"Álex Vázquez", maio de 1989, na Nova Sala de Exposicións Caixavigo.