Comentarios
Varias figuras, núas, agrúpanse orientadas cara ó fondo dunha paisaxe, agóchase na penumbra da noite. Os seus corpos, silueteados con trazos fluídos, destacan iluminados por un lívido reflexo que constrasta cos negros e avermellados do fondo e nesta misteriosa escuridade prepárase a mañá. Cunha estética de silencio e meditación crea unha escena cargada de suxerencias de profundo contido.