• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Rojo y Negro

MAMPASO

Rojo y Negro
INV:
4016
Año de creación:
1961
Dimensiones:
146 x 97 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Esta obra de beleza fascinante, feita a través do xogo de cores, é do artista Manuel Mampaso. Enérxicas brochadas, rápidas e intuitivas, dirixidas en distintas direccións e que non por iso deixan de ser meditadas e estudadas en canto á forma, liña e harmonía cromática. Búscase a expresión a través da cor, aumentar o impacto visual, envolver o espectador nun ambiente cromático. Manchas de cor crúzanse, mestúranse e retórcense tratando de buscar o matérico e o xestual. Unha pincelada ampla e firme na que se utilizan cores puras coma o negro, a súa gran cor.

Unha obra intensa e enérxica que non fai referencia a formas naturais ou tradicionais e que lle outorga prioridade á cor e aos materiais que utiliza.

Pioneiro no informalismo dos anos 50, esta obra forma parte das primeiras que apareceron en España baixo o termo de abstracción lírica, unha das manifestacións artísticas máis significativas do século XX.

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78