TRES DO QUINTAL
- INV:
- 3358
- Año de creación:
- 1975
- Dimensiones:
- 128 x 98 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre táboa
Comentarios
A obra, gañadora da medalla de prata na sección de pintura da Bienal de Pontevedra de 1975, parece reflexionar sobre a vida e o seu reflexo nun testán desexo do autor por retratar o cotián, o esencial da existencia para levalo ás súas obras.Tres mulleres sentadas conversan como en calquera tertulia dunha tranquila tarde de verán. Son femias fortes, monumentais, con mans e pernas descomunais que rememoran a muller do campo, fermosa na súa sobriedade e firmeza. A súas vestiduras delatan a procedencia rural, traxes sinxelos, cabelos cubertos por panos e os pés espidos, ciclópeos que funcionan coma un elemento que as mantén unidas á terra, firmemente asentadas na realidade.
O autor practica cunha pincelada fragmentada, acoutando, coma nun crebacabezas, pequenos campos de intensa cor que ó unirse conforman una imaxe potente, de debuxo perfectamente definido, miguelánxelesco, pleno de volume e plasticidade. O contrastado xogo de luces e sombras introduce o concepto de espazo real, de contorno no que se sitúan as figuras suxerindo a presenza dunha porta exterior, de van polo que penetra a luz inundando a estancia.
O paso do tempo non parece afectarlles ás personaxes concentradas, posuidoras dunha fortaleza e sabedoría antiga expresada a través de xestos calados e afirmacións mudas.