• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Personaxes

LAXEIRO

Personaxes
INV:
2580
Año de creación:
1967
Dimensiones:
55 x 75 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre papel

Comentarios

A obra foi realizada en Bos Aires, cidade de residencia de Laxeiro dende 1951 e na que permanecerá ata 1970, aínda que iso non supuxo un impedimento para participar en exposicións en España, coma a presentada en 1967 na Galería Quijote de Madrid. Sobre un papel de cor marrón claro, o autor desenvolve unha das súas composicións fabuladas que remiten a escenas do alén cheas de historias, tradición e personaxes imaxinarios. O retrato das catro figuras, dispostas frontamente coma nun friso, parece a representación dos compoñentes dun aquelarre, o demo cos cornos situado cara á esquerda e rodeado dun cortexo de figuras femininas que amosan os seu peitos nus. A fascinación polo tema do aquelarre foi compartida por outros autores, coma Goya, referente na súa obra, seducido pola maxia dun mundo máis irreverente e misterioso. As cores dominantes son as escuras, gris e negro, que contrastan co rosa e o fondo suave do papel. Os trazos empregados para perfilar algúns detalles, coma as faces ou os peitos, decántanse pola cor branca, que lle confire unha luminosidade estudiada á composición. A linguaxe plástica é aberta, o traballo enriquécese ó combinar os brochazos, a caligrafía espontánea, a mancha, con trazos máis axustados e certeiros que funcionan como sustentadores do debuxo, actúan como definidores de formas e trazos, acadando que por riba da liberdade plástica e do xestualismo, a obra non perda o seu referente antropolóxico. A pesar do aspecto esperpéntico das figuras, as súas miradas conservan un alento humano, transmiten serenidade, non hai nelas nada aterrador ou horrible senón máis ben unha profunda tristeza.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78