• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

XURXO G. PENALTA

Sin título
INV:
2550
Año de creación:
2001
Dimensiones:
130 x 124 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo/madeira

Comentarios

O círculo é o compoñente semántico dunha obra depurada e sinxela, transmisora de sensacións visuais que se perciben a partir da cor e da materia. A madeira é o soporte visible do lenzo convertido nunha estraña vendaxe, reducida a tiras, a retallos desordenados, pegados uns sobre outros, o que lle confire volume real á obra e se erixe nun axente expresivo seu, acadando rompe-la uniformidade do intenso amarelo, que goza da variedade de matices lumínicos xurdidos co entrecuzado dos farrapos. Sobre a calidez da cor descríbese con dificultade un círculo imperfecto e enigmático que transforma a superficie, a converte nun espacio humanizado onde é visible a pegada do home. EXPOSICIÓNS: "V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro" ". 2001, Museo Municipal Ramón Mª. Aller Ulloa , Lalín REPRODUCCIÓNS: "V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro" ". Museo Municipal Ramón Mª. Aller Ulloa . Xunta de Galicia, Concello de Lalín. A Coruña, 2001, páx. 53
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78