Comentarios
Capta a paisaxe como un fragmento da natureza que reproduce fantasías, cun cromatismo austero, sen estridencias nin violentos contrastes de cor. É esta unha composición sinxela, organizada en planos, cun fondo montañoso que constitúe a liña do horizonte. A súa maneira de ve-la natureza atópase na liña da evolución da paisaxe aberta por Carlos Haes.