Comentarios
A referencia á música é unha constante na producción artística do pintor. O flautista é case como unha figura para Úbeda, como o home do violín para Chagal. Non é o dinamismo físico do músico o que quere representar nesta figura de medio corpo, senón as distintas imaxes que se producen do flautista ante cada son da melodía que interpreta. É unha pintura na que se conxuga a temporalidade da música coa plasticidade dos pigmentos puros, plenos de luz, unido a súa distintiva forma de crear, que non ofrece nunca a visión única e tradicional da figura, senón unha estructura máis libre do corpo, cunha maneira de facer que arranca do cubismo e da idea de movemento como tránsito conceptual.
Bibliografía
Pontevedra con Centroamérica” catálogo Deputación provincial de Pontevedra, 1999 coa obra reproducida na pax. 47.
Exposiciones
“Teatro Principal de Pontevedra” na poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitch, 1999.