Comentarios
Unha rede de formas xeométricas irregulares tensa a superficie do cadro, iluminada polas luces publicitarias da noite, que o pintor identifica co Moulin Rouge, o famoso cabaret representativo do ambiente da vida nocturna, por antonomasia, inmortalizado por Lautrec e que está ligado ó seu nome. Ofrécenos unha visión apocalíptica, con fragmentos da fachada e letreiros rotos, repartidos por distintas zonas do cadro cun sorprendente xogo de tensións que se unifican cunha luz vermella, alaranxada que se expande sobre a táboa como se se tratase dunha vidreira. Afastados ecos do cubismo e do futurismo son absorbidos por un expresionismo propio cunha concepción do espacio característica.
Bibliografía
Reproducido no catálogo da exposición de Madrid del 96.
Exposiciones
“Freijeiro, expresionismo pictórico” G. Ferraz, Madrid 1996.