Comentarios
Un xarrón de cerámica decorada enche a composición con papoulas e flores do campo, resaltando a cor encendida das papoulas en contraste cos sutís talos verdes e as flores brancas e marelas. Estas mesmas cores reflíctense no fondo onde tamén se introduce o azul e se establece unha degradación cara á luz en equilibrio coas sombras que ambientan un espacio cheo de intimidade. José Palmeiro foi membro, a partir de 1928, do chamado “grupo español” da Escola de París, da que se considerou segunda xeración española en París, á que pertenceron tamén Bores, Domínguez, Clavé, Celso Lagar, Colmeiro ou Emilio Grau Sala, entre outros.
Bibliografía
Raymond Cogniat no catálogo da primeira exposición de Palmeiro en España, no Club Urbis, Madrid, 1972; José Luis Morales e Marín "La Escuela Española de París", na presentación do catálogo da exposición "Pintores españoles de la Escuela de París", editado por Caixavigo, en 1992.