• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Jazz Koln Em Streckstrump

VIRXILIO

Jazz Koln Em Streckstrump
INV:
2016
Año de creación:
1987
Dimensiones:
47 x 62 x 0
Técnica:
(dibujo) tinta china sobre papel con detalles en látex

Comentarios

A enriquecedora relación que o autor ten coa cidade alemana de Colonia, coa súa vida cultural, queda retratada nesta serie de cinco debuxos, que reflicten a vida nocturna, o ambiente máis bohemio dos clubs de jazz onde a música se vive en directo.Sobre un escenario dun famoso local de jazz, os músicos tocan os seus instrumentos e os espectadores asisten entusiasmados á actuación. É evidente o contraste entre os músicos, representados mediante unha simplicidade de liñas, fronte ás figuras femininas, máis coidadas, describindo con detalle elementos ornamentais do vestiario como colares, pendentes, sombreiros...O escenario, iluminado por potentes focos de luz, situados indistintamente á esquerda,  á dereita ou incluso cruzados, xeran efectos de luces e sombras. A obra capta o ritmo e a luz nocturna  que se interpreta a partir dun entusiasta xogo de raias, manchas, liñas, vacíos e unha complexa trama de puntos que se agrupan ou dispersan para delimita-la maior ou menor sensación lumínica. A nota de cor está presente, nalgúns casos, por uns  detalles aplicados en látex.

O virtuosismo da serie reside na capacidade para transmitir, a pesar de estar realizada en branco e negro, a sensación de luz, de música e de movemento dun local de jazz a partir da combinación de elementos plásticos e gráficos de gran sinxeleza.

Exposiciones

"Virxilio". 9 de Maio de 1988, Banco Central, Bruxelles
"Virxilio. Retrospectiva 1957 ata hoxe". Do 19 de novembro ó 15 de decembro de 1994. Galería Obradoiro de Artes Tamallancos (Vilamarín)

Reproducciones

"Virxilio". Banco Central, Bruxelles, 1988
"Auria". Revista mensual de Caixa Ourense. Marzo 1999, ano III, nº 23, páx. 20
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78