Camino de Santiago
- INV:
- 1025
- Año de creación:
- 1943
- Dimensiones:
- 68 x 72 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Temos aquí unha vista panorámica da paisaxe coa cidade de fondo. O camiño entra na composición describindo unha diagonal que se perde cara ó fondo, onde se divisan as torres da Catedral e O Pedroso. O encadre diagonal acentúa a profundidade da paisaxe e o seu carácter fragmentario. O artista reproduce a realidade, captando o ambiente rural que rodea a cidade. Detense no camiñante e nos campesiños que traballan á beira do camiño. Marelos, rosas e verdes xogan con azuis, brancos e avermellados aplicados coa frescura das obras recén acabadas.Exposiciones
"Santiago na historia: Redescubrimento-Rexurdimento", do 28 de maio ó 30 de xuño de 1999 na Casa da Parra de Santiago de Compostela.